SIÉNTATE CONMIGO
  Pregón do Entroido Derradeiro, 1993 (Félix Gende Río)
 
 
 
 
  Pregón do Entroido Derradeiro (1993)
 
  Félix Gende Río
 
Irmáns, o loito énchenos a todos.
No nome da familia do finado, quérovos agradecer a todos a vosa presencia, a vosa dor contida, afogada pola censura, que é proba da vosa amistade, o voso recoñecemento ou a admiración por el e os seus.
¡Grazas!
Ós fracos e ós gordos.
Ós cegos e ós xordos.
Ós loiros e ós negros.
Ás monxas e ós cregos.
Ós nenos e ós vellos.
Ós que se apegan, sen dor, con crápulas agoreiros buscando o mellor postor.
Ós insumisos, ós críticos, ós que xogan a políticos.
Ós déspotas obxetores metidos a redentores.
E ós altivos patricios que soñan con ser patróns, aínda que, nos comicios, estánlles dicindo: ¡non!
¡Grazas a todos!
Ós presentes e ós ausentes.
Ós celtas e ós visigodos.
Ós ateos e ós crentes.
Irmáns, disque Urco chorou a perda do fenecido PREGÓN.
As Meigas, o Trasno e a Santa Compaña, foron velar ó morto e xuraron vinganza.
O troveiro, doído, non o puido facer por menos e, a pesares do risco, deixou a súa testemuña nestes versos:
 
¡Chorade a vosa soedade!
Nos eidos desta bisbarra
Trocouse a festa e a farra
Por unha pescuda infame.
Foi o ano derradeiro, 
sen motivo nin razón,
encausaron ó PREGÓN,
tildado de guerrilleiro.
Disque houbo un gran cabreo,
Algnús sentiron as mágoas
E cos ollos cheos de bágoas
Maldicen ó Xacobeo.
Escomenzaron as liortas
Coa invasión dos despachos,
E como eles son tan machos,
Non se lles pechan as portas.
Mil chamadas polo aramio:
"Un entroido de vergoña,
estánnos tomando a coña,
ata se deu conta Bamio"
"!Temos que acabar con Xoana!
É a Agustina dos mestres.
Ándannos a botar pestes
Cantas lles veñen en gana"
E nestas matinacións,
Moi postos no seu papel,
Advertiron que, a Miguel,
Íanselle os pantalóns.
Pensaron poñelos eles,
E mandaron mil recados,
Corrixidos e aumentados,
Por fax, Seur ou por telex.
Chegaron a non sei quen, 
que mandou ás forzas vivas,
de U.T.O. as executivas, 
e algún que otro tamén.
E todos estes xuristas
De coñecida intención,
Analizaron o PREGÓN
Sen atoparen as pistas.
Contan que dixo "El Corto",
Despois daquela xuntanza:
"Para semellante danza
Quedóucheme ben mal o corpo".
Seu ilustre compañeiro,
Engolado respostou:
"Co asunto do PREGÓN
xa nos viron o plumeiro"
Irmáns, o PREGÓN non finou,
Estamos aquí para recordalo,
Estamos aquí para renderlle unha homenaxe, que de certo mereceu,
Porque foi claro, verdadeiro, amigo dos nenos, festeiro, honesto, agarimoso e rideiro.
O PREGÓN está connosco, iverna no noso corazón, e cada ano terá a súa lembranza, coa esperanza de que algún día, a censura, permítalle saír do seu letargo.
 
 
 
  Total visitas 465590 visitantes (909100 clics a subpáginas)  
 
=> ¿Desea una página web gratis? Pues, haz clic aquí! <=